Jesús Vázquez: "É necesario que Ourense conte cun goberno de maioría para darlle solucións á cidade"
O alcalde en funcións de Ourense, Jesús Vázquez (1967), recoñece nunha entrevista no Bos días que "os resultados das eleccións non foron os desexados", e ante a situación ante a que se sitúa o Concello di que "está todo moi aberto, é algo que non se dá noutros concellos e sigo incidindo que Ourense conte cun goberno de maioría, para darlle solucións á cidade".
Sobre pactos, Vázquez di que está disposto a chegar a acordos co Partido Socialista, porque é necesario para os cidadáns "porque se segue o bloqueo na cidade ao final quen paga é a propia cidadanía". O venres terá a primeira reunión cos socialistas, a lista máis votada nas pasadas eleccións.
En canto á Deputación, cre que o Partido Popular gañou dunha forma clara, e debería ser quen gobernase a provincia.