Jesús Vázquez dimite, deixa o Concello de Ourense e a política activa
Publicado o 03/09/2021 14:41

O coordiandor local do PP de Ourense, Jesús Vázquez, exconselleiro e exalcalde da cidade, presentou a súa dimisión, coa renuncia á acta de concelleiro, coa intención de deixar a política activa.
A vontade de Vázquez é deixar tamén as súas responsabilidades como senador e as que exerce dentro da estrutura do PPdeG na cidade das Burgas.
Vázquez veu sendo, desde o inicio desta lexislatura municipal, a voz máis crítica dentro do seu partido co pacto inicial co alcalde Gonzalo Pérez Jácome, e recentemente co novo acordo para que os populares regresasen ao Goberno municipal.