CRTVG

Buscar

Jesús Vázquez Almuíña: "A Xunta cada vez inviste máis en sanidade, e hai unha mellora continua"

Publicado o 30/10/2019 11:07

O conselleiro de Sanidade mostrou, nunha entrevista no estudio do Bos días, o seu compromiso para fortalecer a atención prmaria coa incorporación de novos médicos, enfermeiras, traballadores sociais, administrativos e farmacéuticos. 

Xesús Vázquez Almuiña concretou que se trata dun plan a tres anos cunha dotación de 102 millóns de euros para este período e que permitá contratar 303 novos profesionais, pero que tamén se destinarán a investimentos en obras e equipamentos nos centros de saúde.   

O conselleiro anunciou uns investimentos récord na sanidade pública galega que representarán o 40,5% do presuposto total da Xunta de Galicia.

Almuíña dixo que a finais deste ano se convocarán algo máis de mil prazas na sanidade e anunciou a ampliación da idade de xubilación ata os 70 anos para todos aqueles profesionais que desexen seguir exercendo de xeito voluntario.   

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí