CRTVG

Buscar

Jesús Rodríguez: "O mellor sistema de retención para os nenos é a contramarcha"

Publicado o 16/05/2018 10:08

Jesús Rodríguez, experto en seguridade viaria, atendeu as preguntas do Bos Días.

"Cada vez se pide máis información nas familias para instalaren un bo sistema de seguridade infantil".

A contramarcha, o mellor sistema

"O mellor sistema para levar un menor é un sistema a contramarcha, no que o neno vaia mirando cara á lúa traseira. Esta é a maneira máis segura ata os 4 anos ou os 18 quilos".

"É un sistema que procede dos países nórdicos. Nestes países a taxa de mortalidade infantil rolda o 0. Iníciase nos anos 60 en Suecia. Os países nórdicos teñen unha educación viaria da que en España aínda carecemos. Alí, se morre un neno nun accidente de tráfico reúnese un comité de urxencia".

"En España desde hai uns anos a propia DXT recomenda o uso de sistemas a contramarcha".

Cadeira ata superar os 1,35 metros

"Os menores de 18 anos e con estatura inferior aos 1,35 metros deberían facer uso dun sistema de retención adaptado ao seu talle e peso. O que hai que mirar é a altura, non a idade. A recomendación da DXT é que os nenos vaian cun sistema de retención ata os 1,5 metros".

Máxima seguridade desde 200 euros

"Hoxe dicir que non podemos acceder a unha boa cadeira polo prezo non ten sentido. Atopamos cadeiras co selo da máxima garantía de seguridade desde 199 euros. É un prezo bastante asequible. Ten en conta que hai carros de paseo de máis de 1.000 euros. Hai familias que priorizan o gasto no carro e non na cadeira. Debera ser ao revés".

"As charlas ás familias son moi importantes. Temos que poder responder todas as preguntas para que os pais teñan toda a información que precisan".

Ciclistas

"O ciclista é, xunto ao peón, o actor máis vulnerable da estrada. Co bo tempo cada vez hai máis cantidade de ciclistas. Moitas veces os vehículos que provocan o accidente dan á fuga. É un asunto moi gordo".

"Non hai que ter présa. É imprescindible respectar o metro e medio. Hai que poñerse na pel do ciclista. El tamén é pai e fillo. É unha vida a que vai nesa bici".

Multas

"As multas son moi necesarias. Están proliferando as saídas de vía por mor do uso do smartphone. Hai que ir totalmente atento á circulación e non consultar o móbil. Cando hai un semáforo en vermello, o 90% dos condutores están mirando o móbil".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018