CRTVG

Buscar

Jessica Bouzas soña con gañar Roland Garros

Publicado o 04/06/2020 16:39

Comecemos esta historia con Garbiñe Muguruza. Foi no 2017 a número un do mundo. E vaiamos agora cara a Vilanova de Arousa: Jessica Bouzas, 17 anos, abre a porta do tenis profesional.

"Sempre me dixeron que me parezo a Garbiñe Muguruza. Gústame o seu xogo. Pero é unha persoa bastante montaña rusa, tanto tenística como mentalmente", di Jessica.

E malia todo, non estaría mal acadar o nivel de Garbiñe Muguruza. O seu soño é gañar Roland Garros

En xaneiro renunciou ao Open de Australia por motivos económicos. Pechou a etapa júnior como a número 50 do mundo. Pero agora, no universo profesional.

A súa vida é o tenis. E cando poida saír de Galicia volverá cara á academia de David Ferrer en Alacante para seguir madurando e buscar un oco no circuíto profesional.

Noticias web

04/06/2020