CRTVG

Buscar

Jenny Santos lidera a reacción do Burela diante do Cidade (4-1)

Publicado o 01/02/2020 19:50

A portuguesa Jenny Santos liderou a reacción do Burela que gañou con máis apuros dos que indica o marcador a un Cidade das Burgas que completou un bo partido. O traballo defensivo da primeira metade deu os seus froitos para o conxunto ourensán maniatando as acometidas locais e incluso poñéndose en vantaxe cun gol da ex xogadora de Burela Lucía Nespereira. Un par de minutos máis tarde Santos acertou cun lanzamento duro para deixar o partido empatado no descanso. Ao pouco de principiar a segunda metade Jenny Lores poñía por diante ás da Mariña que, sen facer o seu mellor partido, acabaron impoñendo a lóxica da clasificación. Cris marcou o terceiro e, outra vez, Jenny Santos anotou o 4-1 definitivo. Burela segue como segundo clasificado perseguindo o Futsi e o Cidade das Burgas manterase en postos de descenso. 

 

Goles: 0-1 Lucía Nespereira 16' 1-1 Jenny Santos 19' 2-1 Jenny Lores 22' 3-1 Cris 30' 4-1 Jenny Santos 37'

Noticias web

01/02/2020