CRTVG

Buscar

Jeison Murillo: "O vestiario está motivado, vaise saír desta situación"

Publicado o 21/01/2020 21:18

As mellores sensacións en Bilbao ofreceunas o primeiro reforzo de inverno. Jeison Murillo deulle seguridade e liderazgo á defensa.

Murillo: "Estaba preparado. Tocoume debutar aos tres días. A comunicación é o máis importante, máis que as características do compañeiro en si".

Murillo encontrou un vestiario motivado: "Os xogadores están motivados. Seguro que co carisma que teñen e as gañas, vaise saír da situación".

Con 27 anos, Murillo ten oito temporadas de experiencia entre as ligas española e italiana e agora escolleu o Celta: "Tiña outras ofertas pero o meu interese era competitivo".

O domingo estréase en Balaídos contra o Eibar. Antes, o xoves, máis minutos de rodaxe, en Miranda de Ebro, na Copa do Rei.

Noticias web

21/01/2020