CRTVG

Buscar

Jeison Murillo: "Creo moitísimo no Celta e sei que imos sacar isto adiante"

Publicado o 24/03/2020 19:39

Jeison Murillo chegou o 16 de xaneiro a un Celta asomado ao descenso. "Un equipo que contaba con moita calidade e moitas cualidades. Era entendible por que estaba nesa situación. Cando chegas atopas un equipo que traballa, que ten ganas, ao que lamentablemente non se lle dan os resultados", explica o colombiano

E dous días despois da presentación, Óscar deulle galóns na defensa. Titular en San Mamés: "Había un partido importante que era o de Bilbao, o técnico díxome que se daba a oportunidade de xogar e e eu tiña moitísimas ganas e saíu un bo partido para todos, bastante sufrido, pero ben defendido", lembra Murillo.

Coa mellora na defensa o Celta empezou a arrincar. Converteuse nun dos equipos menos goleados da segunda volta.

As dúbidas na defensa foron quedando atrás: "Hugo Mallo é un xogador que leva moito tempo aquí, que coñece ben a liga. Néstor é un xogador internacional. Aidoo é un xogador que está crecendo dunha forma bastante forte a nivel internacional. Olaza é internacional", define o colombiano.

A mellora permitiulles aos celestes estar xusto por riba do descenso: "Vai ser bastante disputada a competición agora cos equipos que xogamos o descenso, creo moitísimo neste equipo, creo moitona afección, neste club e sei que imos sacar as cousas adiante", Murillo non ten dúbidas

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2020