CRTVG

Buscar

Javier Tebas pasa da federación e do sindicato de futbolistas e asegura que non se van cancelar os torneos

Publicado o 08/04/2020 18:02

• A Liga quere volver xogar para manter millonarias as arcas dos clubs

O fútbol ingresa uns 1.800 millóns de euros de dereitos de televisión. Un chisco desa cantidade, polo menos uns 30 millóns, van destinados ao fútbol modesto, a outros deportes e a deportistas de elite.

A Liga quere volver xogar para manter millonarias as arcas dos clubs. Senón...

Javier Tebas. Presidente da Liga de fútbol. "Estamos falando aproximadamente de 1.000 millóns de euros por non volver xogar, duns 300 por xogar a porta pechada e uns 150 millóns xa aínda xogando con público, o dano causado"

A idea de Tebas é que a Liga volva ou o 26 de maio ou o 6 de xuño a porta pechada. Mais ese escenario semella pouco realista, como precisou Irene Lozano, a presidenta do Consello Superior de Deportes.

Irene Lozano: "Eu para saber se se pode reanudar a Liga..... más de 700 mortos no noso país"

O fútbol, como locomotora do deporte, como negocio arestora metido nunha batalla entre Liga, Federación e sindicato de futbolistas.

Non hai acordo nin en cousas tan básicas como que pasa cos contratos dos futbolistas que rematan o 30 de xuño ou cal é a data límite para un suposto final de temporada.

Noticias web

08/04/2020