Javier Tebas cre que a Liga pode empezar o 11 de xuño
Horas despois de anunciar o presidente do Goberno que o deporte profesional podía recuperar a competición a partir do día 8 de xuño, a Liga púxose a debuxar a volta do fútbol. E faino buscando un golpe de efecto: nada menos que cun derbi andaluz e como partido único o xoves día 11.
Os clubs non queren precipitarse e non confirman as datas da volta aos partidos porque seguen en marcha as fases dos adestramentos.
O que si xa están estudados son horarios; contando coa calor de xullo e coa advertencia de posibles demoras.
Horarios dos partidos:
-Entre semana: 19.30, 20.00, 21.30 e 22.00 horas
-Fin de semana: 17.00, 19.30, 21.30 e 22.00 horas
A Liga prevé anunciar as catro primeiras xornadas dos once partidos que lle restan ao campionato de hoxe en sete días.