CRTVG

Buscar

Javier Tebas cobrará un millón de euros de salario

Publicado o 14/02/2018 15:42

 

Aquí falamos de cartos como se falásemos de area. Algo menos vai gañar Javier Tebas. O presidente da patronal do fútbol terá un soldo dun millón de euros.

Iso foi aprobado polos clubs. Agás o Real Madrid, o Athletic de Bilbao e o Celta que nin se presentou nin delegou o voto e dous equipos da Segunda División, todos blindaron a Tebas para que non se vaia a Italia.

O home que antes arranxaba as situacións concursais dos clubs agora é a súa bandeira, o home que asina uns horarios que insultan os afeccionados. E o que negocia uns contratos cos que ninguén contaba.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2018