CRTVG

Buscar

Javier Ramilo vence na terceira edición do Rallymix de Touro

Publicado o 14/05/2019 17:54

E das bicis ao mundo do motor. Estamos en Touro. Na terceira edición do Rallymix de Touro. Quince por cento sobre asfalto e oitenta e cinco por cento sobre terra. Cada ano un percorrido diferente e atractivo. Oitenta pilotos na saída. Doce quilómetros de percorrido. Un espectáculo que mestura a habilidade e a destreza dos participantes. Con sorpresas inesperadas. E con dureza, porque as altas temperaturas afectan vehículos e pilotos.

Javier Ramilo foi o máis regular nas dúas xornadas. Fora segundo en Cuntis e logrou o triunfo en Touro.

Noticias web

14/05/2019