Javier Pardo cumpre o seu soño de correr no Campionato de Europa
Publicado o 06/04/2021 16:19
Outro piloto que alternará o campionato de España co campionato de Europa é Javier Pardo.
O seu Suzuki presenta este ano melloras no motor e na suspensión. Serra Morena será a primeira proba da temporada para o piloto de Allariz, pero Javier Pardo centrarase moito máis no Europeo. Debuta e quere ser campión de Europa ERC2.