Javier Olleros agradece un premio "ao profundo compromiso coa raíz e coa nosa cultura"
O restaurante Culler de Pau, do Grove, convértese no primeiro galego con dúas estrelas Michelin, na que foi unha gran noite para a nosa cociña. Tres novos restaurantes da comunidade súmanse aos que xa a renovan cada ano.
Javier Olleros seguiu o evento telematicamente, co seu equipo. O chef do primeiro restaurante galego con dúas estrelas Michelin agradece o recoñecemento a todos os que o fixeron posible coa súa fidelidade e amósase encantado coa distinción a unha cociña que aposta polo produto autóctono.
Olleros fala dun compromiso "profundo" con esta terra, coas súas raíces, coa nosa cultura... "Gústame que un concepto así brille deste xeito", asegura.
Pero non foi a única estrela que sumamos. Outros tres restaurantes, Silabario de Vigo, Eirado da Leña, situado nunha histórica praza da zona vella de Pontevedra, e Miguel González, do concello ourensán do Pereiro de Aguiar, obtiveron cadansúa estrela... que tamén conservan outros once restaurantes da comunidade.