CRTVG

Buscar

Javier Mínguez será o homenaxeado no Desafío Delio Fernández

Publicado o 06/08/2019 16:48

Gustavo César Veloso vai participar a próxima semana no Desafío Delio Fernández. Será unha festa de ciclismo con corredores de todas as idades percorrendo O Morrazo e gozando da súa paisaxe. Será o domingo 18. Nesta ocasión o homenaxeado será o ex-seleccionador nacional Javier Mínguez.

O desafío leva o nome do ciclista profesional moañés que corre no Delko Marsella, que leva tres temporadas alí, está en fase de renovación, e chegará a Moaña despois de participar na Volta a Burgos, o seu obxectivo inmediato.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019