CRTVG

Buscar

Javier Losada: "Que o presidente te chame para un cargo institucional no teu país sempre é unha sorpresa"

Publicado o 12/07/2018 11:11

Javier Losada, delegado do Goberno en Galicia, acudiu ao programa Bos Días para falar da actualidade política.

"Eu xa estaba na miña profesión, xa saben que son anestesiólogo, traballando no Complexo Hospitalario da Coruña, pero me chamou o presidente e aquí estou".

"O feito de que pensen en ti para un cargo institucional na comunidade histórica do teu país, de Galicia, sempre é unha sorpresa".

"Estamos todos aterrando nos cargos. Isto é vertixinoso. Creo que Sánchez vai ser un bo aliado dos xornalistas. El confía sempre na transparencia e na información".

Lei da memoria histórica

"É un compromiso do PSOE falando cos aliados parlamentarios".

AVE

"O compromiso do Goberno é rematar as obras de acordo co calendario previsto".

Comisión do Alvia

"Agardamos que destas comisións saian unhas posicións para que non volva ocorrer un desastre desta envergadura".

Eleccións municipais

"Estou convencido de que imos ter moi bos resultados nas municipais. O partido está nun momento de renovación. O actual secretario xeral leva cerca dun ano, Gonzalo Caballero, e estao facendo moi ben. Estamos en condicións de dicirlles aos veciños das cidades que nós temos a capacidade de facer o mellor".

"Non hai inimigos na política. Hai adversarios e diferentes ideoloxías".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018