CRTVG

Buscar

Javier Losada:"Os presupostos son bos para Galicia e o AVE estará en prazo"

Publicado o 24/01/2019 11:48

No tempo da 'Entrevista' Marcos Sueiro conversa co delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada.

O Parlamento de Galicia reclámalle ao Goberno de España o cumprimento íntegro do Estatuto e o traspaso das competencias pendentes.

"Somos un goberno constitucionalista que quere que as comunidades autónomas leven a cabo as súas responsabilidades, por varios motivos: é bo que o Bloque asuma que o Estatuto é bo para Galicia, é un cambio importante na política en Galicia. E a segunda que o Partido Popular queira ter competencias e asumir máis competencias das que tén o Estatuto, porque iso significa que tamen é autonomista e cree na autonomía, e que comparate que non se pode criticar que o Goberno de España cumpra con Cataluña para que teña competencia."

"Somos un Goberno que rebaixou a tensión que había coas autonomías, porque nós entendemos que as autonomías forman parte do Estado e do que é a estructura fundamental do Goberno.

Aprobación dos Orzamentos do Estado

"Como xa fixo antes, Adolfo Suarez, Felipe González, Aznar, Zapatero e Rajoy..Hai que chegar a acordos coas diferentes forzas parlamentarias e neso estamos. Nos levamos uns bos presupostos. E esperamos que sexa un bo comezo para que as forzas políticas apoien esos presupostos.

"Nos respetamos as posicións das diferentes forzas políticas. Este é un presuposto progresista, pensado na xente, o que pase no Congreso hai que deixalo a espera do que digan os grupos parlamentarios."

Descenso do investimento público en Galicia

"Non é certo. O presuposto do 2019 ten 8.500 millóns de euros para Galicia., supón un incremento de 207 millóns de euros respecto ao ano 2018. Son 3.142 euros por cada galego. Se vamos a inversións reais son 815 millóns, iso é un 6,2 por cento da inversión en España, supera a aportación do PIB de Galicia a España que é dun 5,2. Agora que din que son mellores para Catalña e o País Vasco e Andalucía... pois a inversión real son 208 euros por galego superior a da poboación de Cataluña, Andalucía e o País Vasco. Antes era maior porque non se executaba. Aquí estabamos acostumados a uns presupostos nos que se poñían cifras e despois non se investía. Por exemplo, a orbital de Santiago que din que non hai cartos para facela, pois nos orzamentos tiña 17 millóns, e o que invertiron foi cero euros; ou a autovía A-54 Santiago Lugo tiña previstos outros 17 millóns pero só investiron 3,5 millóns, agora 8.5 millóns, a realidade."

"O PP e Feijóo están a criticar os presupostos porque queren que nos olvidemos dos recortes e dos dereitos, porque estes son uns presupostos pensados para as persoas. E queren olvidarse que mentres Gobernou Rajoy e Feijóo deixaron sen invertir 2.000 millóns en Galicia."

"A circunvalación norte de Ourense non se pode facer porque o Goberno do PP do concello non fixo nada. Para sacar a licitación dunha autovía, antes hai que facer un proxecto, facer expropiacións, exposición pública...".

"O Goberno garantiza que o ano que ven se rematarán as obras do AVE e se empezarn as probas da liña. Ese é o compromiso. A A-54 vaise acabar no 2021."

Para o gasoleo hai normativas europeas
"Hai que respetar a normativa europea de transición ecolóxica e creemos ademais que iso é bo. E amais facémolo cunha diferencia, que os profesionais dos transportes van estar esentos. (...) Feijóo subiu o gasoleo 3 céntimos e dixo que era para sanidade e para educación. É bo cando o sube o señor Feijóo e é malo cando o sube o PSOE?"







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2019