CRTVG

Buscar

Gómez Noya fará en Nova Zelandia a primeira parte da preparación para os Xogos

Publicado o 10/12/2019 21:09

Apadriñar a fusión de dous clubs de tríatlon en Poio é un dos últimos compromisos de Javi Gómez Noya antes de comezar a temporada que ten como meta o 27 de xullo, a carreira olímpica en Toquio: "A semana que vén vou para Nova Zelandia e xa non paro de adestrarme ata os Xogos Olímpicos".

O seu calendario queda condicionado á cita olímpica. Deixa a longa distancia e será moi selectivo coas series mundiáis. Acudirá á de Abu Dhabi, que abre a temporada en marzo.

"Despois de Abu Dhabi establecerei a base en Galicia e tamén procuraremos unha concentración nalgún lugar que replique as condicións extremas de humidade e calor que imos ter en Toquio".

A exclusión de Rusia, por decisión do COI, é unha boa noticia, en opinión de Gómez Noya: "As medidas contra a dopaxe teñen que ser exemplares e duras".

Aos seus títulos pode sumarlle a Orde Olímpica, a maxima distinción do Comité Olímpico Español, que tamén lle foi concedida a Iván Raña, o outro gran triatleta galego.

Noticias web

10/12/2019