CRTVG

Buscar

Javier Gándara: "Agardamos que se poida voar a partir de mediados de xuño e que a xente recupere a confianza"

Publicado o 06/05/2020 11:00

Pendentes tamén desa apertura de fronteiras que permita retomar as viaxes están as liñas aéreas. Enfróntanse a un futuro incerto. Esta non é a primeira crise que enfronta o sector, hai que lembrar a crise provocada polo 11-S e a crise do ano 2010 provocada polo volcán islandés, pero si a máis grande e sen precedentes.

Javier Gándara é o presidente da Asociación de Liñas Aéreas: "Todo fai pensar que non se vai poder voar antes de mediados de xuño, e despois hai a outra gran diferenza coas crises anteriores, non se sabe cando a xente vai recuperar a confianza para viaxar e visitar países estranxeiros".

"Esta crise puxo en risco para 2020, só en España, preto de 900.000 postos de traballo e unha contribución ao PIB de case 55.000 millóns de euros. A previsón é unha diminución de pasaxeiros duna 100 millóns de pasaxeiros", explica Javier Gándara.

"Agora o importante é falar de desescalada con seguridade, por iso falamos de volver a voar cara mediados de xuño e enton comezar a falar de recuperación. De momento, só en España e desde o 15 de marzo canceláronse uns 250.000 voos. Son cifras moi importantes".

"A xente vai querer seguir viaxando e facer as cousas que lles gustan. Confiamos en que cando se inicie a desescalada se poñan as medidas necesarias para que a xente recupere a confianza e volva viaxar," agarda o presidente da asociación de Liñas Aéreas.

 

Noticias web

06/05/2020