CRTVG

Buscar

Javier Ferreira, xerente da USC: "A presencialidade nos graos estará nun 20 %"

Publicado o 21/09/2020 09:49

Hoxe no Bos días falamos con Javier Ferreira, xerente da USC para profundar neste inicio de curso atípico.

"Limítase o acceso aos centros ao persoal PDI, PAS, alumnos no centro, e nos demais casos, con autorización previo rexistro na conserxería do centro", indica o xerente da USC.

Ademais, "a presencialidade nos graos estará nun 20 %, nos másters un 80 %, pero comezan máis tarde".

Os espazos que se poden ocupar nas aulas está nun 30 ou 40 %, "en función da disposición dos bancos".

Existen restricións que afectan bilbiotecas, residencias ou cafeterías. Salvo algunha excepción.

"A Biblioteca Xeral está accesible a todos os alumnos universitarios da Coruña, Vigo e Santiago, na medida en que moitos alumnos non se van desprazar ao lugar onde teñen a docencia e así van facer as outras dúas universidades".

As cafeterías funcionan como un "establecemento de hostalería normal", con todo, limítase o acceso "desde o interior dos centros".

 

 

 

 

Noticias web

21/09/2020