CRTVG

Buscar

Javier Cercas gaña o Premio Planeta

Publicado o 16/10/2019 11:28

O galardón máis popular das letras españolas xa ten novo gañador. Javier Cercas conseguiu o Premio Planeta deste ano, coa novela Terra alta, un thriller protagonizado por un mosso d’esquadra, heroe dos atentados xihadistas do 2017.

O xurado destacou a profundidade psicolóxica da trama, en que o protagonista se enfronta á resolución dun asasinato que lle fará pagar un prezo moi alto.

Quedou finalista Manuel Vilas. A súa novela, Alegría, ten tons autobiográficos e xeracionais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019