CRTVG

Buscar

Javi Gómez Noya: "É un ano impredicible, pode haber sorpresas en Tokio"

Publicado o 16/06/2021 15:55

Presentación do equipo olímpico de tríatlon. Javi Gómez Noya, medalla de prata en Londres, encabeza o terceto masculino que completan Mario Mola, o mallorquín tricampión mundial, e Fernando Alarza, o talaverano campión de España de sprinte en Pontevedra o ano pasado. O vigués Toni Serrat está de reserva. Anna Godoy e Miriam Casillas serán as compoñentes do equipo feminino. O ferrolán preve unha cita olímpica moi aberta.

Noticias web

16/06/2021