Javi Gómez Noya goza facendo deporte e afirma que volve aos adestramentos "sen moito estrés"
Publicado o 25/05/2020 19:09
Javi Gómez Noya conta as súas sensacións tras unha semana de adestramentos: "Volvendo traballar aos poucos, pero sen moito estrés. Desfrutando da montaña, de saír na bici de montaña, de facer cousas un pouco diferentes, correr un pouco máis na montaña, afortunadamente xa podemos utilizar as instalacións e nadarmos na piscina, pero sigo a nadar no lago. Para a cabeza é un pouco máis levadeiro, sabendo que despois virán momentos duros de adestramento, así que desfrutando agora mesmo do deporte"