CRTVG

Buscar

Javi Gómez Noya faise cunha vitoria incontestable en Montreal

Publicado o 06/08/2017 21:29

Mario Mola sufriu na carreira e só puido rematar décimo cuarto. A loita polas series queda totalmente aberta para a proba de Estocolmo e a final de Rotterdam

Javi Gómez Noya volveu ao grande á loita polas series mundiais de tríatlon. Fíxoo cunha vitoria incontestable en Montreal.

Tras o segmento da natación formouse un grupo de sete ciclistas no que estaba o ferrolán e non o líder, Mario Mola. Gómez Noya non agardou, e lanzou un forte ataque ao comezar a carreira a pé que o levou á vitoria en solitario. Mario Mola sufriu na carreira e só puido rematar décimo cuarto. A loita polas series queda totalmente aberta para a proba de Estocolmo e a final de Rotterdam.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2017