Javi Gómez Noya cre que vai ter as mesmas opcións nos Xogos en 2021 que se fosen este verán
Javi Gomez Noya non sabe como serán os seus próximos meses. Reunir atletas de todo o mundo hoxe en día faíselle imposible.
"O problema é viaxar. Meter cinco mil persoas de todas as partes nunha carreira vese algo distante".
O que ten claro é que vai estar nos Xogos de Toquio coas mesmas posibilidades o ano que vén que se se celebrasen este verán.
"O tempo non corre ao meu favor, pero un ano de diferenza non vai variar o meu rendemento. Coidándome, creo que podo estar ao cen por cento".
Gómez Noya non pensa na súa retirada, aínda que a considera como algo natural.
"Igual que eu retirei a outros, outros vanme retirar a min".
Na casa non ten piscina coma algún colega seu, pero buscou a maneira de adestrarse na auga.
"Fíxenme cunha piscina de nenos. Non é ideal, pero pode traballarse bastante ben a forza".
Esta situación pon a proba mesmo os que están afeitos aos retos máis complicados.