Javi Gómez Noya alcanza os 38 anos co obxectivo de estar no podio en Toquio
Era hai uns 20 anos un triatleta emerxente que gañaba case todo por Galicia. Dúas décadas cara a atras, Javi Gómez Noya visitaba a Galega. Apuntaba a estrela. Respondía con naturalidade: "A presión creo que tampouco me afecta moito. Gústanme as competicións importantes, motívanme máis que me presionan". Falaba de presión. Cinco mundiais. Unha prata olímpica. E agora, con 38 anos, vese no podio de Toquio. "Está claro que se ti a ti mesmo non te ves con opcións de podio non o vas conseguir", asegura o triatleta.
Repasemos algo do que conseguiu. Cales son os tres mellores momentos da súa carreira: "O podio en Londres, a medalla olímpica é un deles; gañar o mundial do 2013 como foi ao esprinte a Jonathan Brownlee e tamén en Londres foi tamén un gran momento. E gañar no 2019 o mundial de longa distancia en Pontevedra cos meus amigos e os meus veciños alí é tamén un momento que queda marcado", rememora Gómez Noya. Un dos tótems do deporte galego que tentará acadar en Toquio o seu derradeiro éxito na distancia olímpica.