CRTVG

Buscar

Javi Gómez Noya: "A xente non chega á primeira e gaña"

Publicado o 12/10/2018 16:12

Patrick Lange, o home máis rápido da historia en Kona, gañou o ano pasado na súa segunda participación. En declaracións á Revista Triatlón, Javier Gómez Noya, pentacampión do mundo en distancia olímpica, bórrase da lista de favoritos. 

Javier Gómez Noya, triatleta: "Hai que ser realista e vai ser moi difícil. A xente non chega á primeira e gaña, nin sequera Mark Allen, nin Craig Alexander, nin os grandes atletas que gañaron esta carreira. Hai que estar ben situado na bici. Sei que non vou gañar a carreira na bici, pero si estar onde teños que estar, cos bos corredores cos que poida baixar a correr e logo tentar facer un bo maratón. Esa será a miña baza, aínda que aquí o maratón é complicado".

Tras 180 quilómetros de bicicleta, chegarán as últimas tres horas de competición. A chave será estar ben situado. Trátase de que comece a terceira hora da carreira a pe e xa leve dúas horas e seis de competición sexa capaz e seguir correndo e correr a bo ritmo. Ao final, como en todas as carreiras importantes onde están os mellores, o ritmo é o que as fai durísimas. Aquí están os mellores do mundo, na mellor forma. Vai ser unha carreira moi rápida, que se vai facer moi complicada".

O récord da proba teno o alemán Patrick Lange, que o ano pasado gañou despois de oito horas, un minuto e corenta segundos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018