CRTVG

Buscar

Javi Gómez Noya: "A xente non chega á primeira e gaña"

Publicado o 12/10/2018 10:28

A dous días de debutar no Ironman de Hawaii, Javo Gómez Noya rebaixa as expectativas sobre a súa presenza na proba máis dura do mundo. Di o pentacampión do mundo de tríatlon que non está entre os favoritos pero que aspira a competir no grupo dos mellores.
Patrick Lange, o home máis rápido da historia en Kona, gañou o ano pasado na súa segunda participación. En declaracións á Revista Triatlón, Javier Gómez Noya, pentacampión do mundo en distancia olímpica, bórrase da lista de favoritos.
Tras 180 quilómetros de bicicleta, chegarán as últimas tres horas de competición. A chave será estar ben situado.
O récord da proba teno o alemán Patrick Lange, que o ano pasado gañou despois de oito horas, un minuto e corenta segundos.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2018