CRTVG

Buscar

Javi Galán, unha aposta de futuro para o lateral esquerdo celeste

Publicado o 31/07/2021 16:06
Javi Galán, unha aposta de futuro para o lateral esquerdo celeste

O Celta fixo oficial unha fichaxe que levaba días pechada, a do lateral esquerdo estremeño Javi Galán. Galán (1994) asina para as vindeiras cinco temporadas o que demostra a forte aposta que fixo por el o cadro vigués. 

Galán destacou no Córdoba onde se consolidou no primeiro equipo na temporada 2016-17. Foi indiscutible no conxunto andaluz ata que o Huesca o asinou en xaneiro de 2019 para xogar a segunda parte daquela temporada. Javi Galán viviu un descenso, outro ascenso e un novo descenso coa camisola do Huesca. 

A temporada pasada foi titular indiscutible. Xogou 34 dos 38 partidos de liga como titular, 29 deles completos.