CRTVG

Buscar

Janssen recomenda unha dose de reforzo oito meses despois da primeira vacina

Publicado o 27/08/2021 12:14
Janssen recomenda unha dose de reforzo oito meses despois da primeira vacina

A multinacional Johnson and Johnson propón potenciar a súa vacina modonose de Janssen con outra de reforzo. A compañía presentou datos dun estudo que confirmarían que a administración dunha segunda dose xera un aumento rápido e sólido dos anticorpos, a resposta é nove veces maior que a xerada 28 días despois da vacinación monodose.

Ese reforzo estaría dirixido ás persoas previamente inmunizadas con esta vacina e administraríase oito meses despois ou máis tras a primeira dose.

Noticias web

27/08/2021