CRTVG

Buscar

Yaiza Rubio: "A xente está tomando conciencia de que os nosos datos teñen valor"

Publicado o 09/10/2019 11:15

Analista de seguridade en Telefónica, hácker, primeira muller de España relatora nas conferencias internacionais de referencia, Yaiza Rubio estivo este mércores no estudio do Bos días para explicar como é o seu traballo.

"Eu dedícome moito á parte de innovación, polo que investigo os ataques que se producen na Rede, para incorporar ese coñecemento e facer ferramentas para os nosos produtos e servizos para que os usuarios e as empresas non se vexan afectados por eses ataques".

Yaiza deixou reflexións sobre cara a onde van as preocupacións sobre seguridade: "A sociedade está cambiando. A raíz das filtracións de Facebook, por exemplo, a xente está tomando conciencia de que os nosos datos teñen valor". 

Ademais, en concreto, os riscos para os menores son dos que máis preocupan: "Utilizar a tecnoloxía non significa saber sobre ela, nin os riscos que ten, e iso é moito do que lles pasa aos menores que xa naceron rodeados desta tecnoloxía".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí