Jaime Seoane regresa ao campo no que debutou co primeiro equipo do Real Madrid
Na última xornada ante o Elche, Jaime Seoane debutaba coma titular en Segunda División. Sen embargo, a súa carreira quedou marcada por un partido ante o seu próximo rival, o Fuenlabrada: "Foi un día moi importante para min co que debutei co Real Madrid na Copa do Rei contra eles e teño un bonito recordo deste equipo".
Zinedine Zidane foi o encargado de facelo debutar. Para Seoane "Zidane transmíteche moita tranquilidade é un home moi tranquilo que che transmite unha confianza para que tí te sintas seguro no campo". Malia todo, o madrileño ten claro cal é o seu adestrador preferido neste momento: "Agora mesmo de Curro Torres, está claro, agora mesmo co adestrador que me toca, a morte."
Como madrileño que é, Seoane sabe o que lles agarda na súa visita a Fuenlabrada. Segundo Seoane "é un equipo moi forte, que ten moi traballada a estratexia, un equipo moi sólido que ten as ideas claras, así que nós temos que facer o noso traballo para lograr os tres puntos". Seoane, que lle marcou cinco dos seus oito goles coma profesional a equipos galegos, agarda manter esa liña agora desde o Lugo.