CRTVG

Buscar

Jácome, novo alcalde de Ourense, co apoio do PP

Publicado o 15/06/2019 23:25

Jácome deu xa un primeiro avance de como será o grupo de goberno. Dixo que o seu socio, o PP, terá peso, falou de que levarán varias concellerías e mesmo unha tenencia de alcaldía da que Xesús Vázquez xa se descartou. Do PSdeG-PSOE, dixo, que so lle interesaba gobernar a cidade por intereses electorais.

Dende o PP aseguran que o pacto era necesario para conseguir a estabildiade. Un acordo que inclúe varios puntos clave para o desenvolvemento da cidade, entre eles, os orzamentos, o PXOM e potenciar o termalismo. PSdeG-PSOE, Ciudadanos e BNG quedan na oposición.

Un acordo que tamén posibilita que Manuel Baltar manteña a presidencia da Deputación de Ourense.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/06/2019