CRTVG

Buscar

Jacobo Montes ve complicado que os equipos galegos se metan esta temporada no play-off de ascenso

Publicado o 14/10/2019 17:54

Na 2ª B tivemos tres derrotas e só un triunfo, o que acadou o Rácing de Ferrol en Oviedo. Jacobo Montes foi onte o convidado do En xogo. O adestrador do Celta B recoñece que este ano, para os equipos galegos, está sendo un inicio de temporada moi difícil.

Non hai ningún equipo galego en postos de descenso, pero o comezo de temporada ofrece pobres sensacións. Só gañou o Racing. E levaba sen vencer 5 xornadas, cun perigoso 2 puntos de 15 posibles.

Saír de malas épocas. O Celta B perdeu co Majadahonda. Ollo á xeira: só sumou 1 punto de 9 posibles e non marcou un gol nas tres últimas xornadas.

Semellante o Coruxo. Penalízalle que está tendo moi pouco gol. Dúas derrotas nos tres últimos partidos. Quizais o peor é que co filial do Atlético non tivo a habitual firmeza defensiva.

Dinámicas malas a do Pontevedra no últimos mes. Situación delicada para o adestrador logo de caer ante o Real Madrid Castela: nos cinco últimos encontros, só 1 vitoria e 4 derrotas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019