CRTVG

Buscar

Jacobo Montes: "Temos que formar, pero temos que competir tamén"

Publicado o 24/06/2019 18:33

O Celta B pensa xa na seguinte campaña. Unha temporada en que Xacobo Montes estará aos mandos do equipo. O adestrador falou hoxe do grupo que quere construír e do fútbol que prefire: "O fútbol que nos gusta propor a nós é un fútbol moi dinámico, divertido para o espectador, de moita ida e volta".

Di o técnico que comprende que como filial debe formar, pero que isto sen competir non serve de nada: "Isto vai evidentemente de formar porque estás nun filial e hai que dar ese carácter formativo pero a formación sen competición non serve de nada. Temos que formar pero temos que competir tamén. Gustaríanos ver un equipo dinámico".

"Nós cremos que na pretemporada é onde se poden marcar as pautas de cara onde queres que o teu equipo vaia. Coido que é un período importante ao que lle damos moitísima importancia e claro que xa estamos planificando, xa estamos traballando en dirección cara onde nós queremos ir e con gañas de que empece o balón a rodar e con gañas de te meter xa no campo, dirixir sesións, dirixir tarefas", recoñece o novo adestrador do filial celeste.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019