CRTVG

Buscar

Izan con éxito o pesqueiro Lumian, tres meses e medio despois de envorcar no porto de Oza

Publicado o 26/06/2019 19:53

Esta tarde conseguiuse endereitar o pesqueiro Lumian, que envorcou hai tres meses e medio cando estaba a ser reparado nun varadeiro coruñés. Os traballos,que resultaron moi complexos, realizounos unha empresa especializada. Investíganse aínda as causas do accidente.

O pesqueiro francés Lumian envorcaba o sete de marzo pasado despois de ser reparado neste varadoiro coruñés de Oza. Desde aquela, varias empresas tentaron sen éxito endereitar o barco, ata que finalmente foi contratada unha empresa especializada de Madrid. Hoxe comezaron os traballos de endereitamento, uns labores complexos debido ao tamaño do pesqueiro, de 34 metros de eslora e 10 de manga.

A empresa encaragda leva tres décadas especializada nestes traballos, polo que xa están moi habituados, segundo sinala un dos seus responsables. 

Javier Martínez, enxeñeiro naval: "É unha actividade que desenvolvemos desde hai trinta e sete anos, estamos habituados. Para nós é unha actividade estándar e tomamos o proxecto, desenvolvémolo, xunto co estaleiro, e en pouco tempo estivemos listos. Montamos a estrutura en quince días, unha estrutura modular, tipo mecano".

Con todo, continúa aberta unha investigación co obxectivo, unha vez que o buque estea definitivamente estabilizado, de obter novas probas que determinen as causas exactas do accidente.

Noticias web

26/06/2019