CRTVG

Buscar

Izada a pasarela peonil que unirá a estación de ferrocarril coa de autobuses de Santiago

Publicado o 30/09/2020 18:18

En Santiago, xa está izada a pasarela peonil cuberta que unirá O Hórreo coa Pontepedriña. Sae da estación de tren e conectará coa futura terminal de autobuses. Ademais vai unir dúas zonas de Santiago historicamente separadas polas vías do tren.

O izado da estrutura metálica levou dous días. A previsión é que estea finalizada antes de que remate o ano.

Noticias web

30/09/2020