CRTVG

Buscar

Ivanka Trump, vestida cun 'total look' da galega Zara nun acto na Casa Branca

Publicado o 05/10/2017 22:17

Unha imaxe da filla do presidente dos Estados Unidos, Ivanka Trump, non pasou desapercibida polos seguidores da moda. Durante o minuto de silencio na Casa Branca polas vítimas do tiroteo nas Vegas Ivanka vestía esa saia de tecido tweed e un xersei de punto cor mostaza.

O que chamou a atención é que, sendo quen é, elixira un vestiario de baixo custo da firma galega Zara. Non é a primeira vez que os Trump se decantan pola moda galega. Xa na véspera da investidura de Trump como presidente, dous dos seus netos lucían unha camisa e un vestido da deseñadora infantil Pili Carrera.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2017