CRTVG

Buscar

Iván Álvarez, o policía nacional ferido en Barcelona, expresa o seu agradecemento a través das súas redes sociais

Publicado o 02/11/2019 09:20

Iván, que continúa ingresado na UCI, asegura que foron días especialmente duros e que aínda lle queda moito. Di que quere dar as grazas a toda a xente que o apoiou, a amigos e compañeiros que non lle fallaron e fixeron que levara o sucedido moito mellor. O axente tamén ten palabras de agradecemento para o persoal médico do hospital de Barcelona.

Iván será recoñecido como vigués distinguido en marzo do ano que vén. A cidade de Vigo pretende transmitirlle así o seu cariño tanto a el como a toda a Policía Nacional, aos Mossos d'Esquadra e á Garda Civil polo seu traballo en Cataluña en defensa da Constitución.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/11/2019