CRTVG

Buscar

Iván López: "No mundo da pesca, co 'brexit' hai unha incerteza total"

Publicado o 25/03/2019 10:40

Marcos Sueiro conversa no Bos días con Iván López Van der Veen, presidente de AGARBA, Asociación de Armadores de Buques de Bacallau, presidente do Consello Consultivo Rexional de Longa Distancia (LDAC) e experto na relación da pesca e o brexit.

"A incerteza asusta a todo o mundo"
"A pesca é o único sector da UE que ten que estar a defensiva de cara ao brexit, ten as de gañar o Reino Unido, posto que falamos de territorialidade e de acceso ás súas augas. Unha vez que se produza a saída comezará a negociación dun acordo de pesca exclusivo entre a Unión Europea e o Reino Unido e por suposto verase moi condicionado pola atmósfera xeral".

"Co brexit, a pesca galega non ten capacidade de decisión, todo depende do Reino Unido"
"Sabiamos que ata o venres podiamos traballar utilizando as leis europeas que xa coñecemos, agora temos unha prórroga ata o día 12 de abril, podería ser ata o 22 de maio, se así é que se aprobou o acordo e entón podería haber ata dous anos de prórroga e incluso prórrogas maiores. (...) Se non hai acordo non hai plan B. por moito que digan os británicos non hai tempo a negociar outro acordo se  non é cunha prórroga extensísima que non se vai a dar".

"No mundo da pesca, co brexit hai unha incerteza total"
"Se non hai acordo ao día seguinte non podemos acceder a esas augas e a partir do 1 de xaneiro teriamos unha grande incógnita sobre as cotas. (...) Parece que non hai ninguén no Parlamento que vaia liderar que Gran Bretaña permaneza da UE, e se ninguén o fai van a unha saída abrupta. É iso o que está pasando, que non se toma ningunha decisión".

"Os galegos e os europeos onde o xogamos todo é na negociación posterior"
"Os galegos imos ter que ter moito sentidiño; moita tranquilidade porque pase o que pase o que vén despois disto é unha negociación da UE e o Reino Unido pola pesca: accesos, cotas e demais...é ahí onde nos xogamos todo."

"Pensa para o mellor e prepárate para o peor, é un dito inglés e aquí hai que prepararse para o peor"
"Non é atrevido dicir que nestes momento a frota galega é unha das máis sostibles, acadamos os obxectivos marcados pola política de pesca común e agora pásanos isto: que se vaia o Reino Unido e que teñamos que facer outro tipos de esforzos. É unha inxustiza; haberá que negociar ben e duro".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2019