CRTVG

Buscar

Iván Ferreiro e Love of Lesbian, no inicio do Caudal Fest

Publicado o 16/09/2021 21:24

Todos sentados, límite de 2.500 espectadores que son guiados ata a súa cadeira e protocolo estrito de seguridade. Este formato especial fixo posible o retorno do Caudal Fest, para ledicia dos amantes da música indie. Valoran, sobre todo, poder facelo coa máxima seguridade.

David Prado e Iván Ferreiro foron os primeiros artistas en subir ao escenario. O ano pasado O Caudal Fest suspendeuse poucos días antes. Por iso, desta volta os organizadores quixeron preparar un cartel ambicioso, que non sería posible sen o apoio da Xunta e do Concello.

Love of Lesbian pechará a partir das 10:30 esta primeira xornada dun festival que terá a La MODE e Nathy Peluso como cabezas de cartel mañá e o sábado.

Noticias web

16/09/2021