CRTVG

Buscar

Iván Feijoo roza a gloria cun sexto posto no Mundial sub23 de ciclocross

Publicado o 01/02/2020 14:52

O alaricano Iván Feijoo realizou unha magnífica carreira no Mundial sub23 de ciclocross que se está a celebrar en Dubendorf (Suiza). Feijoo deixou mostra da excelente forma física coa que remata a temporada. Fixo unha proba de menos a máis, posicionándose por riba do décimo posto na primeira volta e remontando pouco a pouco a ciclistas de renome. Feijóo acabou a menos de dez segundos de meterse entre os cinco mellores do mundo. Non tivo tanta sorte Carlos Canal que debeu abandonar unha proba gañada por Ryan Kamp.

Noticias web

01/02/2020