CRTVG

Buscar

Iván Feijoo, ouro en categoría sub23 no Campionato de España de ciclocrós

Publicado o 12/01/2020 23:26

Iván Feijoo foio mellor dos galegos no Campionato de España de ciclocrós, que se disputou durante esta fin de semana en Pontevedra. Logrou o título na categoría sub23 pasándolle por riba a todos os seus rivais para facerse co segundo campionato consecutivo. Nas carreiras absolutas triunfou Felipe Orts co galego Saúl López no sexto posto. E tamén Lucía González que se fixo coa vitoria entre as mulleres nunha carreira na que Irene Trabazo foi a sexta e segunda en categoría sub23.

Noticias web

12/01/2020