CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Iván Feijoo e Irene Trabazo, gañadores do Campionato de Galicia de ciclocrós

Publicado o 01/01/2018 15:19



Santiago acolleu onte o Campionato de Galicia de ciclocrós. A chuvia endureceu sobremaneira a proba. Os participantes sufriron no trazado enlamado de San Lázaro. Non houbo sorpresas, na categoría elite impúxose o sub 23 Iván Feijoo, do Academia Postal, campión hai pouco da Copa Galicia. A proba elite feminina gañouna Irene Trabazo, do Marín Ottoman, despois dunha gran campaña.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí