Iván Feijoo, campión de España de ciclocrós na categoría sub23
Publicado o 10/01/2021 11:56
O ciclista de Allariz proclamouse campión de España de ciclocrós na súa despedida da categoría sub23. Feijoo dominou a proba e impúxoselle a Jofre Cullell, co que acadou o terceiro título sub23.
Foi a novena medalla para o ciclocrós galego que xa tiña outros tres ouros (Miguel Rodríguez en xuvenís, Montse Martínez -máster 30-, Isabel Castro -máster 50-), dúas pratas (María Filgueiras -cadete- e Eva Ortega -máster 30.) e tres bronces (Miguel Porto -máster 30-, Tami -máster 40- e Uxía Soto -cadete.).
#CECXTorrelavega21 | Podio de lujo en la categoría sub23 masculina
— Real Federación Española de Ciclismo (@RFECiclismo) January 10, 2021
Iván Feijóo
Jofre Cullell
Xabier Murias
¡Sensacional carrera la que hemos visto! @fcciclismo pic.twitter.com/jU4PE16FYq