CRTVG

Buscar

Iván Corral di que a súa inhabilitación responde a unha persecución política

Publicado o 10/06/2020 15:04

• A sanción é por arrendar a sede da federación que preside á súa muller

A xustiza deportiva galega sanciona o federativo por arrendar a sede da federación que preside á súa propia muller. Iván Corral defende que ese alugueiro xa foi considerado legal no 2006 e que a decisión de alugar foi colexiada e non del.

A sanción a Corral impón unha multa de 25.000 euros por "abuso de poder" ao cobrar en 2018, ao remate do seu mandato como presidente, unha indemnización pola extinción da súa relación laboral como xerente da federación, cargo a maiores da presidencia e para o que foi nomeado pola asemblea.

Iván Corral achaca o sucedido a unha persecución do director xeral para o Deporte da Xunta, José Ramón Lete. Retrotrae a 2014 o desencontro pola súa falta de apoio para defender que a federación galega puidese organizar probas na raia.

O certo é que aquela lea do 2014 se resolveu xuridicamente, sendo o Tribunal Administrativo do Deporte o que sentenciou contra a federación galega e contra do criterio do Comité Galego de Xustiza Deportiva, que o consideraba legal. O mesmo comité que agora sanciona a Iván Corral.

Noticias web

10/06/2020