CRTVG

Buscar

Iván Ares, segundo na primeira xornada do Rally das Canarias

Publicado o 03/05/2019 20:48

Esta fin de semana dispútase o Rally das Illas Canarias, primeira das dúas citas insulares do Campionato de España de Rallys de Asfalto. Iván Ares e o seu copiloto David Vázquez, xuntos por primeira vez nesta proba, son segundos na xeral a 48 segundos de Pepe López. O piloto de Cambre persegue o liderado despois de quedar segundo en Serra Morena, primeira cita do calendario estatal. A proba das Illas Canarias, que remata mañá, tamén é puntuable para o Campionato Europeo. A próxima semana, nova cita no Rally de Adeje.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/05/2019