CRTVG

Buscar

Iván Ares quere a vitoria no 'seu' rally

Publicado o 19/08/2021 15:46

O sábado poderán seguir o treito das Somozas na G2 ás 11 e ás 15.30

Mañá comeza o rally de Ferrol. O sábado poderán seguir o treito das Somozas na G2. Ás 11 e ás 15.30 da tarde. Hoxe estivemos con Iván Ares.

Non está satisfeito coa súa temporada o de Cambre, e por iso quere facerse valer neste rally de Ferrol, onde para Iván é case como correr na casa. Con Cohete Suárez distanciado no campionato de España, Ares pelexa con Jan Soláns pola segunda praza.

Os arredores do mosteiro de Monfero foron o escenario sobre o que Iván Ares taballou esta mañá, o recoñecemento dun dos tramos importantes do rally de Ferrol no que quere ter todo atado para acurtar distancias co líder do Supercampionato, o asturiano Cohete Suárez.

O Rally de Ferrol é para Ares, o rally da casa, ese no que non pode fallar. Suárez está lonxe e Jan Soláns axexa a súa segunda praza na xeral.

Suárez, Ares, Soláns e Efrén Llarena, terceiro no campionato de Europa, serán os animadores do rally de Ferrol, os grandes candidatos á vitoria nun rally que o cambrés xa gañou en dúas ocasións.

Noticias web

19/08/2021