CRTVG

Buscar

Iván Ares pon a punto o Hyunday a dúas semanas do Rally de Ourense

Publicado o 13/07/2020 20:30

O Hyundai de Iván Ares descansa en talleres despois dunha fin de semana en que foi sometido ao estrés da competición e dun posterior test sobre piso mollado. 

"No rally centrámonos nas reglaxes do coche baseadas na suspensión e nos aliñados. É a gran diferenza que teñen co coche anterior. O domingo dedicámonos a probar rodas en situacións extremas como poden ser ir coas rodas que non son axeitadas en terreo mollado e axustar a suspensión a ese tipo de circunstancias", comentou Ares.

Ares ten o coche a punto para o Rally de Ourense, primeira proba puntuable para o Campionato de España, que se disputará o 25 de xullo. "Hai moitos coches punteiros na cabeza, pilotos rápidos. Creo que é unha das mellores listas de inscritos desde hai anos, con moita xente con opcións á vitoria", explicou o subcampión de España de rallys,

Ourense será a primeira das sete probas puntuables desta nova edición do Campionato de España. Os pilotos poderán descartar os dous peores resultados. "Vaise decidir todo ao final. Os rallys son máis curtos, as diferenzas van ser mínimas. Vai ser un ano especial, pero bonito para o afeccionado", aventura Ares.

Noticias web

13/07/2020