CRTVG

Buscar

Iván Ares pica a roda nas Canarias e déixalle un triunfo cómodo a Pepe López

Publicado o 04/05/2019 19:18
Iván Ares pica a roda nas Canarias e déixalle un triunfo cómodo a Pepe López

Pepe López sumou o seu segundo triunfo no Campionato de España de Rallys de Asfaltos ao impoñerse no Rally das Illas Canarias. O piloto madrileño acada así os dous triunfos nas dúas primeiras probas do campionato e postúlase como gran favorito ao título.

Iván Ares perdeu tempo na xornada do domingo tras picar unha roda cando marchaba segundo, pero conseguiu termar da súa posición e rematou no segundo caixón do podio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/05/2019